AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra defende que se poña fin á cada vez máis evidente obsolescencia programada dos produtos fabricados

4 Xullo, 2017 decrecemento, GUE/NGL, Lidia Senra, obsolescencia programada, Parlamento Europeo, pleno
  • Tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo durante o debate sobre medidas para lograr unha vida máis longa para os produtos 
  • A deputada votou a favor do informe presentado na Eurocámara e considérao un punto de partida para iniciar o camiño do decrecemento

 

Estrasburgo, 4 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou este martes pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, a favor do “Informe sobre unha vida útil máis longa para os produtos: vantaxes para os consumidores e as empresas”. A eurodeputada considera este documento un “importante punto de partida para iniciar un camiño que é imprescindíbel transitar: o camiño do decrecemento, porque o planeta ten límites”, defendeu.

Antes da votación, durante o debate que tivo lugar onte á noite no hemiciclo europeo, Senra tomou a palabra para denunciar que “é unha realidade que os produtos non están fabricados para durar e que a obsolescencia programada é cada vez máis evidente”. Así, reclamou que se activen os mecanismos necesarios para poñer fin á obsolescencia programada. “Esixir calidade e durabilidade dos produtos, e garantir e promover a reparación dos mesmos, parécenos fundamental para lograr unha vida máis longa para os produtos”, dixo.

A xuízo de Senra, isto tería importantes vantaxes para a sociedade e para o planeta, xa que “xeraría postos de traballo localizados na contorna do consumo” e tamén “aliviaría a presión sobre os recursos naturais que frecuentemente son espoliados nos países do Sul e son fontes de conflitos”. A eurodeputada explicou que rematar coa obsolescencia programada contribuiría a reducir o consumo de enerxía e sen dúbida constituirá un aporte importante na loita contra o cambio climático. “Pensamos que as Administracións públicas deberían dar exemplo e empezar a demandar a durabilidade dos produtos na compra pública e poñelo como condición nos produtos que subsidien”, reclamou. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies