AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Este martes no Parlamento Europeo, xornada sobre como lograr unha xustiza adaptada ás necesidades da infancia

5 Xuño, 2017 AGAMME, dereitos, Fight4 Child, GUE/NGL, infancia, Lidia Senra, Parlamento Europeo
  • A eurodeputada Lídia Senra, do GUE/NGL, promove este evento, no que participará como relator o avogado galego de AGAMME 
  • Elaborarase un documento de recomendacións e boas prácticas para que se respecten os dereitos das menores de idade vítimas de abusos 

Bruxelas, 5 de xuño de 2017. Este martes, 6 de xuño, na Sala 1C051 do Parlamento Europeo en Bruxelas, terá lugar a xornada de traballo “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”. Promovido pola eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, o evento reunirá a varias persoas que aportarán información e debate sobre o necesario coidado dos nenos e nenas nos procedementos xudiciais e de accións específicas para evitar a súa dobre vitimización ou vitimización secundaria. Nese sentido, pártese de datos preocupantes como que só un 2% do abuso intrafamiliar a menores e o 6% do extrafamiliar é denunciado, e que nos casos que chegan a procesos xudiciais non se salvagardan todo o que se debería os dereitos dos nenos e nenas nin se lles dá unha atención axeitada.

O evento incluirá entre as 13:15 e as 15:30 horas varios relatorios. Entre eles, o dun galego: Víctor Manuel López Casal, avogado e vogal da área xurídica de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores), baixo o título “A testemuña dos nenos, nenas e adolescentes como proba de cargo no delito de abuso sexual”.

Tamén participará Sonia Vaccaro, psicóloga clínica e forense, experta en vitimoloxía e violencia baseada no xénero de vicepresidenta da Rede Internacional para os dereitos da infancia Fight4 Child, que realizará unha exposición sobre “A voz das vítimas infantís na xustiza: Escóitase á infancia?”. Graciela Dora Jofré, xuíza de Paz Letrada de Villa Gesell, en Bos Aires, falará sobre “As nenas e os nenos na Xustiza”; Clara Sottomayor, xuíza do Tribunal Constitucional portugués abordará “A protección das crianzas vítimas de abuso sexual nos procesos de regulación das responsabilidades parentais”; Esther Susin Carrasco, avogada e coordinadora do Departamento Internacional de Dones Juristas e integrante da Federación Internacional de Mulleres de Carreiras Xurídicas (FIMCJ), intervirá sobre “Dereito da participación de nenas, nenos e adolescentes nos procedementos que lles incumben”; e María Elena Elverdin, presidenta da Federación Internacional de Mulleres de Carreiras Xurídicas, relatará as “Aportacións desde a FIMCJ das conclusións do seu Simposio anual”. Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, levarase a cabo un debate de propostas e entre as 17:30 e as 18:30 horas elaborarase o documento final de conclusións da xornada, que incluirá unha serie de recomendacións e boas prácticas orientadas a lograr unha xustiza adaptada e dirixida á infancia, para que Europa poida ser un lugar onde as persoas menores de idade sexan respectadas.

Con este evento, preténdese poñer sobre a mesa, unha vez máis, situacións que se viven nos xuízos con menores nos que se parte da “idea errónea” de considerar ao neno ou nena como “adultos en miniatura”, empregando unha linguaxe pouco axeitada para a súa etapa evolutiva, a confusión para interpretar o discurso e o descoñecemento de quen entrevista á hora de orientar o diálogo para a testemuña. Denuncian que os xulgados non teñen espazos adaptados para os nenos e as nenas vítimas e que os profesionais da xustiza non son expertos en psicoloxía infantil e por iso cometen erros no trato con menores. “Co funcionamento actual da xustiza, coa premisa de imparcialidade e coa prevalencia dos dereitos dos adultos, non se acadará que os nenos e as nenas obteñan unha xustiza xusta”, defenden. Así, chaman a que no marco das Directrices sobre a xustiza adaptada á infancia, elaboradas polo Consello de Europa no 2010, se cumpran as premisas máis importantes das crianzas, que son: Dereitos a ser escoitadas, a ser informadas, a ser protexidas, a non ser discriminadas e a un trato digno e respectuoso.

Con esta xornada de traballo, o GUE/NGL dá un paso máis na defensa dos dereitos da infancia ante procesos xudiciais, á espera tamén de como conclúe a investigación que abriu a Comisión Europea, tras detectar que o Estado español pode estar a vulnerar as directivas da UE sobre nenos e nenas vítimas de violencia machista e abusos, a raíz dunha petición rexistrada precisamente por AGAMME. Ademais, xa no 2015, Lídia Senra e Ángela Vallina colaboraron desde o GUE/NGL para organizar unha xornada que se desenvolvera no Parlamento Europeo e na que se abordara o Síndrome de Alienación Parental.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies