AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A Eurocámara aproba o informe co-impulsado por Lídia Senra sobre a necesidade de mellorar as condicións das mulleres no rural

4 Abril, 2017 GUE/NGL, igualdade, labregas, Lidia Senra, machismo, mulleres, Parlamento Europeo, pleno, rural
  • O pleno do Parlamento Europeo deulle hoxe luz verde en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, á proposta na que a eurodeputada galega exerceu de co-relatora 
  • Denuncia que a distribución das axudas da PAC discrimina ás labregas e avoga porque CE e Estados fagan efectiva a titularidade compartida nas explotacións familiares para recoñecer os dereitos das agricultoras

Captura pantalla resultado votacion

Santiago, 4 de abril de 2017. O pleno do Parlamento Europeo aprobou hoxe en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, o informe de iniciativa propia das Comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que a eurodeputada galega Lídia Senra exerceu durante os últimos meses de co-relatora para a súa elaboración e defensa.

O informe, que recolle a necesidade de que a Comisión Europea e os Estados membros poñan en marcha mecanismos que garantan a igualdade e o empoderamento das mulleres, contou este martes pola mañá co apoio maioritario do hemiciclo despois de que onte pola noite Senra denunciara no plenario que a pesar do avance das leis en materia de igualdade dos últimos anos, “falta moita lexislación e a que xa existe non se aplica totalmente ou aplícase con sesgo machista, o que sigue freando o avance do recoñecemento dos dereitos das mulleres”. Así, chamou a cambiar a realidade actual na que o sistema patriarcal “oprime, discrimina e invisibiliza” ás mulleres.

A deputada galega chamou á UE a enfrontar os desafíos que se dan no ámbito profesional, da conciliación, dos servizos e da loita contra a violencia machista, tendo en conta que a diferenza salarial entre homes e mulleres persiste e que o desemprego afecta en maior medida ás mulleres.

Centrada nas labregas, Lídia Senra denunciou que as políticas de desregulamentación da produción e dos mercados impulsadas pola PAC “provocan a precarización e a perda de emprego nas explotacións agrarias”. “A falta de recoñecemento da titularidade compartida nas explotacións agrícolas familiares implica que apenas o 30% das agricultoras da UE sexan titulares dunha explotación”, dixo. E engadiu: “Todas as outras mulleres que traballan en explotacións familiares son privadas dos dereitos de ser titular, como por exemplo os ingresos económicos ou os dereitos decorrentes da PAC, e sofren moitas dificultades para acceder a axudas dentro das medidas de acción positiva para apoiar ás mulleres traballadoras, como aconteceu en algúns Estados”. Concretamente, pasou no Estado Español, coa axuda por fillas ou fillos menores de tres anos, que se puideron percibir, pero despois de meses de batalla e reclamacións na vía administrativa.

Senra asegurou que a forma de distribuír as axudas da PAC favorece ás grandes explotacións e prexudica ás mulleres, xa que xeralmente son titulares de explotacións máis pequenas. De acordo coa enquisa de Eurostat, as mulleres traballan 8 hectáreas de media en comparación coas 20 dos homes; ou 8 unidades pecuarias, en comparación con 26 nas explotacións dos homes.

A maiores, a parlamentaria galega fixo fincapé en que moitas labregas non son consideradas como tal por non contribuír á Seguridade Social Agrícola e outras teñen moi poucos anos de contribución cando chegan á idade da xubilación. “Iso profundiza na fenda das pensións e conleva maiores niveis de pobreza nas mulleres”, dixo.

Por iso, considerou “esencial” que se atalle de raíz esta situación de discriminación e inseguridade para as mulleres, “se realmente queremos manter as explotacións agrícolas, que son a base económica fundamental para o desenvolvemento dun medio rural vivo”. Neste sentido, no informe proponse a necesidade de que os Estados membro e a Comisión aposten pola titularidade compartida nas explotacións agrícolas familiares, elaborando leis para estabelecela e facela efectiva onde xa existe.

Tamén se recolle que se establezan mecanismos para que se garanta a participación das mulleres en todas as áreas de toma de decisións: Institucións, sindicatos, cooperativas e nos procesos de negociación.

Tras reclamar que se blinden no medio rural os servizos públicos e de calidade: o ensino, a saúde, os servizos sociais, o transporte ou o servizo de correos, entre outros, Lídia Senra concluíu a súa intervención no pleno reclamando tamén que se dote ao medio rural dos instrumentos necesarios para garantir a prevención e erradicación da violencia machista e tamén os servizos de apoio para as mulleres afectadas pola violencia machista.

Todas as eurodeputadas e eurodeputados que tomaron a palabra neste debate da sesión plenaria realizaron intervencións de apoio ao texto co-impulsado pola parlamentaria galega e á necesidade de que desde a UE e desde os Estados membro se tomen as medidas pertinentes para mellorar as condicións de vida e laborais das mulleres no ámbito rural. 

 Vídeo da intervención de Lídia Senra no pleno onte pola noite: 

E vídeo do debate completo sobre o informe no pleno de onte pinchando aquí  

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies