AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE para facer seguemento das posibles deficiencias dos sistemas de socorro e salvamento marítimo

7 Marzo, 2017 GUE/NGL, Lidia Senra, naufraxio, pesca, radiobaliza, rescate, seguridade marítima, Senefand Uno, Senegal, socorro
  • Rexistra unha pregunta na Comisión Europea sobre o afundimento do buque ‘Senefand Uno’, de armadora galega, en augas senegalesas 
  • A eurodeputada quere saber se a UE ten constancia de problemas no funcionamento das radiobalizas de emerxencia dos buques

Foto da preguntaSantiago, 7 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de rexistrar en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea, preocupándose polo caso do buque ‘Senefand Uno’, propiedade da armadora galega Profand, e que desapareceu en augas do Senegal o pasado 8 de febreiro. O buque pesqueiro deixou de emitir a súa posición e tanto a empresa armadora como as familias perderon todo contacto coa tripulación. A día de hoxe, segue sen haber rastro do barco afundido, as autoridades reduciron xa o operativo de búsqueda e continúan sen atoparse os corpos de dous mariñeiros senegaleses que ían a bordo e do seu patrón, José Vicente Pazos, residente na localidade galega de Marín.

Na súa pregunta dirixida á CE, Lídia Senra denuncia que segundo a información de Salvamento Marítimo do Estado Español, en ningún momento o transmisor de localización de sinistros (radiobaliza, Epirb), de activación automática, emitiu aviso de socorro para os dispositivos de seguridade e salvamento do buque, SAR (Search and Rescue ), para solicitar os servizos de emerxencia.

Atendendo a esta situación, e tendo en conta que o dispositivo está suxeito á regulación da Organización Marítima Internacional e ao Convenio SOLAS de 1974, e que pasara unha inspección en outubro de 2016, Lídia Senra preguntálle á Comisión Europea se ten constancia de problemas no funcionamento das radiobalizas de emerxencia. “Posto que a UE incorporou á súa lexislación diversas normas internacionais sobre seguridade marítima como é o caso da relativa á formación en profesións marítimas ou investigación de accidentes, queremos saber se á UE lle constan problemas no uso das radiobalizas e do sistema mundial de socorro en xeral e de que tipo son esas deficiencias no caso de que existan”, explicou a eurodeputada.

Máis concretamente, Lídia Senra tamén insta á CE a explicar de que  información dispoñen a Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA) e Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) respecto do caso do ‘Senefand Uno’. “Fixo a Comisión Europea un seguimento nos últimos anos sobre os problemas que poden causar o mal uso do aviso de socorro nos rescates?”, conclúe a parlamentaria. 

Nun prazo de 4 a 6 semanas a CE debería dar resposta a estas cuestións por escrito.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies