AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE a analizar e atallar os problemas derivados da prohibición dos descartes pesqueiros

6 Marzo, 2017 descartes, desembarque, GUE/NGL, Lidia Senra, pesca
  • Denuncia que a obriga de desembarcar todas as capturas agocha o fornecemento de materia prima a baixo prezo para fariñas e aceites 
  • A eurodeputada leva a Bruxelas a preocupación do sector pola falta de infraestrutura nos portos e custos adicionais que implica a nova norma 

imaxe da pregunta descartesSantiago, 6 de marzo de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de rexistrar en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea na que insta ao organismo comunitario a analizar e promover mecanismos para atallar os problemas derivados da prohibición dos descartes pesqueiros (obxectivo incluído na reforma da Política Pesqueira Común (PPC) que se aplicará a todas as especies progresivamente até o 2019, forzando ao desembarque de todas as capturas). A obriga de desembarque afecta a toda a pesca comercial de especies sometidas ao Total Admisible de Capturas (TAC) ou a tamaños mínimos no caso do Mediterráneo en augas comunitarias.

Atendendo a preocupación amosada polo sector pesqueiro, Lídia Senra presenta no Parlamento Europeo un texto que traslada o seu malestar pola falta de infraestruturas nos portos para recoller este peixe cando se esgota a cota ou que non chega ao tamaño inferior ao mínimo de referencia. Estas capturas, que non poden ser destinadas ao consumo humano pero si procesadas para uso industrial, eran devoltas ao mar ata que en 2015 comezou a aplicarse de maneira progresiva a obriga de desembarque incluída na PPC reformada. Así, Lidia Senra denuncia que esta obriga de desembarcar todo o peixe que se captura e de non poder devolvelo ao mar está supoñendo custo adicional para os mariñeiros e mariñeiras.

Para Lídia Senra, realmente o que se agocha detrás desta nova normativa é unha vía de fornecemento de materia prima a moi baixo custo para a industria das fariñas e aceites de peixe. “Novamente, vemos como a PPC prioriza os intereses das multinacionais da acuicultura, buscando a maneira de que poidan facer fariñas e aceites baratos para alimentar as súas granxas a costa das persoas que intentan vivir da pesca artesanal e que serán os grandes prexudicados da prohibición dos descartes”, denuncia. Neste sentido, Senra recolle tamén a preocupación amosada por algunhas persoas  en canto a que a prohibición de poder devolver ao mar as especies pequenas capturadas incluso traerá como consecuencia a desaparición de nutrientes e alimentos para organismos mariños ou aves, un papel que até o de agora cumprían os descartes.

Ante tal panorama que urxe solucionar, Senra formula varias preguntas á Comisión Europea, interesándose para que explique que partidas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) se destinaron á flota galega desde a introdución do desembarque obrigatorio para a adaptación de portos, comercialización de produtos e mellora da selectividade da arte. Tamén lle pide á CE que explique que opinión lle merece que, en cumprimento da obrigación de desembarque, o sector  pesqueiro se vaia ver obrigado a fornecer peixe en forma de subproduto a baixo prezo para aceites e fariñas. E tamén lle pide que explique se a CE estudou os problemas derivados da fin dos descartes sobre os nutrientes que alimentan especies como as gaivotas.

A CE ten agora entre 4 e 6 semanas para contestar por escrito á eurodeputada galega. En función da resposta, Lídia Senra analizará novas medidas a levar a cabo nas institucións da Unión Europea en defensa do sector.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies