AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra di ‘Non ao CETA’ no Parlamento Europeo por ser un acordo para as multinacionais que atenta contra o pobo

15 Febreiro, 2017 Canadá, CETA, GUE/NGL, libre comercio, Lidia Senra, Parlamento Europeo, UE
  • A eurodeputada oponse á aprobación do tratado económico e comercial global entre Canadá e a UE denunciando que é perigoso para a alimentación, a saúde, o medio ambiente, a agricultura e as pemes 
  • A europarlamentaria galega asegura que este texto vai contra os dereitos humanos e alerta de que as grandes empresas terán, cando entre en vigor, máis poder que os propios Gobernos

Estrasburgo, 15 de febreiro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) votou esta mañá en Estrasburgo, no pleno do Parlamento Europeo, en contra do Acordo Económico e Comercial Global entre Canadá e a Unión Europea e os seus Estados membros, coñecido co nome de CETA. Senra sumouse á proposta de resolución impulsada polo GUE/NGL, de rexeitamento do CETA, argumentando que este e outros acordos comerciais similares como o TTIP ou o TiSa son discriminatorios e  atacan a soberanía alimentaria, as pequenas e medianas producións agrícolas, a mitigación do cambio climático, os servizos públicos ou os dereitos laborais e sociais. Denuncia que o que pretende realmente o CETA é “aumentar os beneficios das multinacionais en lugar de fortalecer os dereitos dos pobos e das persoas”.
Senra tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo, unha vez de votar en contra do CETA, para explicar a súa posición. A eurodeputada galega afirmou no hemiciclo de Estrasburgo que votou contra o CETA porque “mentres nos venden que as exportacións nos van salvar, deslocalizan as nosas producións e as nosas industrias”. “Cando nos din que vai haber produtos baratos nos mercados, estannos dicindo que imos ter menos salario e menos ingresos na agricultura”, advertiu. Senra explicou que votou contra o CETA “porque pon a soberanía dos pobos en mans das grandes corporacións transnacionais, porque pon en perigo a nosa vida, a nosa saúde, a nosa alimentación, os servizos públicos, o ensino e a saúde, a nosa agricultura, pesca e tamén as pemes. Votei contra o CETA porque quero un futuro para nós, as clases populares, e para o noso pobo. Votei ‘non’ porque defendo o dereito a decidir libremente sobre o noso futuro e pido que non se aplique este tratado até que os parlamentos dos Estados digan a última palabra”, reclamou en alto a deputada galega durante a sesión plenaria.

Protesta diante do hemiciclo europeo durante o pleno hoxeO CETA promoverá o comercio e o investimento exterior directo, rebaixando o grado de esixencia da lexislación laboral e pasando por riba das leis de cada Estado na materia. A maior competencia perseguida polo CETA significa que o sector financeiro, para capturar mercados, dará mostra dun comportamento de maior risco, vendendo produtos financeiros particularmente arriscados e reducindo os servizos aos clientes menos prósperos.

Protesta contra o CETA diante do PE a primeira hora de hxoe 4Lonxe de lecturas interesadas e tendo en conta que moi poucas pequenas e medianas empresas (pemes) exportan a Canadá, o CETA non representa os intereses lexítimos das pemes e acrecentará a vulnerabilidade destas ante as empresas multinacionais. O acordo con Canadá seguirá liberalizando as economías, sendo gravísimo que o Sistema de Tribunais de Investimento proposto non pasa a proba de democracia, xa que concede ás empresas o dereito a pasar por riba dos tribunais dos Estados, permitindo que os inversores estranxeiros teñan un acceso especial a un procedemento de arbitraxe internacional que pode afectar a miles de millóns de euros de fondos públicos, o que capacita ás multinacionais a facer valer os seus novos dereitos sen as correspondentes responsabilidades.

Igualmente, o CETA supoñerá unha porta de entrada encuberta do polémico e paralizado temporalmente TTIP (Tratado de Libre Comercio entre a UE e EEUU), xa que o 80% das empresas dos Estados Unidos teñen unha participación significativa en algunha empresa canadense e coa sinatura do CETA a UE concédelle a estas empresas norteamericanas a oportunidade de entrar na UE. Ademais, o CETA permitirá aos inversores estranxeiros demandar aos Estados membros da UE no caso de que adopten leis que afecten, ou que eles consideran que afectan, aos beneficios do investimento, incluídas as destinadas a protexer a saúde pública, o medio ambiente ou os dereitos dos e das traballadoras, indo directamente contra os dereitos humanos e o desenvolvemento sostible.

Tamén incluirá unha maior apertura dos servizos educativos de financiamento mixto, no ámbito da educación preescolar, escolar e superior, así como da educación para adultos e a formación continua. Ademais ningunha denominación de orixe galega de produtos agrícolas ou pesqueiros estará protexida.

O CETA quedou aprobado esta mañá no pleno do Parlamento Europeo, sendo respaldado con 408 votos a favor, 254 en contra e 33 abstencións, co apoio maioritario do Partido Popular Europeo (PPE), Liberais (ALDE), Conservadores e Reformistas (ECR) e un voto dividido segundo delegacións estatais nos Socialistas e Demócratas (S&D). Toda a delegación do PSOE votou a favor do CETA, agás unha persoa que votou en contra. As autoridades europeas e canadenses pretenden que o CETA se aplique xa de xeito provisional antes de que sexa ratificado nos Parlamentos dos Estados membros da UE, saltándose este requisito.

Protesta diante do hemiciclo europeo durante o pleno hoxe 2 ceta hori Protesta contra o CETA diante do PE a primeira hora de hoxe Protesta contra o CETA diante do PE a primeira hora de hoxe 6 Protesta contra o CETA diante do PE a primeira hora de hoxe 5 Protesta contra o CETA diante do PE a primeira hora de hoxe 2 Protesa diante do hemiciclo europeo durante o pleno hoxe 3

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies