AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra no pleno do Parlamento Europeo: “Obriguen a facer o saneamento das nosas rías”

14 Febreiro, 2017 augas, GUE/NGL, Lidia Senra, marisqueo, Parlamento Europeo, rías, saneamento
  • A eurodeputada toma a palabra en Estrasburgo para denunciar que as multas ao Estado non están resolvendo a contaminación das augas 
  • A europarlamentaria galega denuncia que perigan os postos de traballo das mariscadoras e mariscadores de Galiza

Estrasburgo, 14 de febreiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra esta semana en Estrasburgo, para denunciar a situación de alarmante contaminación na que se atopan boa parte das rías galegas e que afecta moi negativamente tanto á saúde das persoas, como ao medio ambiente e aos postos de traballo das diferentes zonas.

“A simple penalización económica ao Estado español por estas situacións non serve, xa que é o pobo quen a paga. Obriguen a facer o saneamento de forma efectiva”, reclamou a europarlamentaria, o luns pola noite, durante as quendas de 1 minuto de intervencións libres. Deste xeito, referíase a deputada  a que, a pesar das sancións ao Estado Español por incumprir as normas en materia de saneamento de varias zonas, tamén na Galiza, a contaminación das rías segue sen resolver. Para Senra, isto non soluciona o verdadeiro problema, aue é que a pesar das multas, as rías seguen sen sanearse.

Neste sentido, a deputada na Eurocámara denunciou que as mariscadoras e mariscadores das rías galegas están a sufrir peches “frecuentes” das áreas onde traballan, así como a alta mortandade dos mariscos a causa da contaminación das augas e dos lodos acumulados, que ameazan directamente a supervivencia dos seus postos de traballo. “As fontes de contaminación nas rías galegas son diversas: a celulosa de Pontevedra, a mina de San Finx en Lousame, pero tamén o mal funcionamento das depuradoras de augas residuais ou que non se acometan os proxectos de limpeza e saneamento precisos. As rías do Burgo, Ferrol, Noia ou Pontevedra son só algúns exemplos desta dramática situación”, dixo.

Así, Lídia Senra realizou na súa intervención un chamamento á Comisión Europea para que obrigue ás autoridades galegas e do Estado español a poñer en marcha “todas as medidas que foran precisas para atallar esta situación e acometer dunha vez por todas o saneamento e a rexeneración das rías galegas e para que as augas residuais urbanas sexan debidamente recollidas e tratadas”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies