AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Reclamamos que se poña fin á “impunidade” coa que actúan militares que son delicuentes sexuais

19 Xaneiro, 2017 AGEe, cascos azuis, delincuentes sexuais, dereitos humanos, GUE/NGL, Lidia Senra, militares, mulleres, República Centroafricana, violacións
  • A eurodeputada galega toma a palabra no último día do pleno da Eurocámara, no debate sobre casos de violación dos dereitos humanos 
  • Esixe que se reabran as denuncias contra soldados franceses e casos azuis por violacións a mulleres e menores na República Centroafricana 


Estrasburgo, 19 xaneiro 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra este xoves pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra en Estrasburgo, no debate sobre casos de violacións dos dereitos humanos, a democracia e o Estado de Dereito na República Centroafricana (RCA). “Os dereitos humanos das mulleres tamén son dereitos humanos”, advertiu a europarlamentaria galega, para reivindicar que tamén “o dereito das mulleres a non ser violadas é un dereito humano”. Neste sentido, Lídia Senra reclamou, ante as denuncias  por violacións na República Centroafricana contra soldados franceses e cascos azuis (as Forzas da Paz das Nacións Unidas), que se poña fin á impunidade de calquera militar que sexa un “delincuente sexual”. “Queremos que se poña fin a estes delitos que desgraciadamente parecen estar moi lonxe de ser actos illados”, defendeu.

Senra amosou a súa “enorme preocupación” polo arquivo por parte das autoridades francesas de varias denuncias por violación contra soldados franceses na RCA “a pesar das abrumadoras evidencias aportadas por testemuñas e vítimas”. A este respecto, esixiu que se reabran estes expedientes, que ningunha queixa sexa arquivada, e que se leven a cabo investigacións independentes e transparentes de cara a esclarecer os motivos polos que se teñen arquivado as denuncias.

Lídia Senra considera imprescindible que se “saiba a verdade e que se faga xustiza en relación ás graves acusacións de abusos sexuais cometidos por soldados franceses no ámbito da operación Sangaris, así como por cascos azuis”. “A UE non será crible na defensa dos dereitos humanos mentres non sexa contundente e intransixente ante casos de violacións de mulleres e menores por parte de soldados en supostas misións de paz”, zanxou.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies