AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na Comisión Europea o mal funcionamento da EDAR de Ribeira

28 Decembro, 2016 AGEe, augas residuais, CE, EDAR, GUE/NGL, Lidia Senra, Ribeira, UE
  • A eurodeputada galega pregúntalle á CE se ten constancia dos cheiros e vertidos de lixo ao mar que xera a nova estación en fase de probas 
  • Pregúntalle á institución comunitaria se pensa avaliar o mal uso dos fondos FEDER que se está a facer con esta instalación deficiente 

Santiago,28 de decembro do 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar no Parlamento Europeo as deficiencias e o mal funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ribeira, instalacións que se atopan actualmente en período de probas. Lídia Senra rexistrou en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea na que informa á institución comunitaria do proxecto que se ven desenvolvendo no concello de Ribeira desde o ano 2014, cando a Sociedade Estatatal ACUAES comezou a executar a obra da EDAR, no marco dun convenio asinado entre o Goberno do Estado español e a Xunta da Galicia, e financiada con fondos europeos FEDER.

reunion-na-confraria-de-aguino-coa-vecinanza-afectada-pola-edar_2656x1494 protestas-da-vecinanza-afectada-pola-edar_2656x1494 protesta-en-castineiras-diante-da-estacion-de-bombeo_2656x1494 lidia-senra-na-reunion-coa-vecinanza-en-catineiras_2656x1494 lidia-senra-en-castineiras-coa-vecinanza_2656x1494 lidia-senra-atendendo-as-denuncias-da-vecinanza-en-castineiras_2656x1494

A eurodeputada galega, que estivo a primeira fin de semana de decembro en Ribeira visitando a zona e escoitando as queixas da veciñanza, afirma agora ante a UE que desde que este agosto rematou a construción e se puxo en marcha a fase de proba da EDAR, “as persoas que viven nos lugares de Ribeira, Castiñeiras, Aguiño e Couso denuncian malos cheiros provocados pola emisión de sulfrídico nas estacións de bombeo; e tamén os vertidos de lixo e de augas que non están debidamente depuradas ao mar, desembocando nunha zona situada entre dous Parques Naturais como son o de Corrubedo e o das Illas Atlánticas”.

Tendo en conta que Ribeira é un dos 17 lugares do Estado español que a CE denunciou ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprir reiteradamente as normas de recollida e tratamiento de augas residuales, Lídia Senra quere poñer en coñecemento da institución europea a situación que se está a dar coa nova depuradora e que a todas luces parece seguir a non cumprir coa lei e co que sería desexable para o respecto da vida humana e do medio ambiente. “Ten constancia a Comisión do mal funcionamento desta nova estación?”, pregunta por escrito a eurodeputada galega á CE. “E realiza algún seguemento do axeitado ou non axeitado uso de fondos europeos que se están a empregar para esta instalación?”, engade Lídia Senra. A representante de AGEe tamén se interesa por saber se a CE ten prevista algunha medida correctora para resolver a esperpéntica situación que prevé que a EDAR de Ribeira rebordará á ría de Arousa dez veces ao ano, como asegura o Concello.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies