AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Libro de análise sobre o presente e futuro enerxético de Galiza no contexto europeo

22 Decembro, 2016 AGEe, enerxía, GUE/NGL, libro, Lidia Senra, publicación
  • O documento, que xa se está a distribuír en versión impresa e dixital, é o 1º dunha serie de edicións temáticas coordinadas por Lídia Senra 
  • Inclúe relatorios de Xoán Doldán, Miguel Pardellas, Alfons Pérez, Rosa Regueiro, Natalia Fabra, e a experiencia de cooperativas enerxéticas


capaSantiago,22 de decembro do 2016.  “Presente e futuro enerxético de Galiza no contexto europeo” é o título do libro que ven de coordinar e de editar a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra. Trátase dunha publicación que xa está a ser distribuída de forma gratuíta en formato impreso e tamén en versión dixital en PDF pinchando directamente aquí. O libro pretende ser o primeiro dunha serie de documentos temáticos nos que se analice a situación de diferentes sectores e aspectos socio-económicos da actualidade e nos que se recollan os relatorios das persoas expertas nas materias que foron participando nos últimos anos en xornadas de formación e debate organizadas por AGEe.

Cunha tirada inicial de 1.000 exemplares impresos, Lídia Senra agarda que este volume primeiro sirva como recompilación de material de consulta ao redor do actual modelo enerxético e que a súa lectura fomente o debate na sociedade ante unha situación de “insustentabilidade e necesaria transición enerxética”. Tamén pretende achegar os debates que se están dando no Parlamento Europeo  sobre esta cuestión, que é unha das prioridades do actual mandato da Comisión Europea. Para iso, a publicación recolle textos de todas as persoas expertas na materia que no pasado mes de abril participaron nas xornadas sobre enerxía organizadas por AGEe na Estrada, nas que tamén participaran a concelleira Mar Blanco Casais e os daquela deputados de AGE no Parlamento Galego Antón Sánchez e Juan Manuel Fajardo, así como a deputada de En Marea nas Cortes do Estado español Alexandra Fernández Gómez.

contracapaLídia Senra quere con este tipo de publicacións facer fincapé en que as decisións que se toman a diario na UE afectan directamente ás galegas e galegos e, neste sentido, alerta sobre a proposta da Unión da Enerxía e a vontade de reformar e reorganizar a política enerxética de Europa lanzada polo presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, a finais do 2014 cando iniciou o seu mandato, e xa antes polo presidente do Consello Europeo, Donald Tusk. “As medidas que toman tanto a Comisión como o Consello Europeo teñen como fondo a perspectiva das políticas neoliberais. É dicir, favorecer os intereses das grandes empresas e non ter en consideración que calquera medida seria que se queira desenvolver ten que pasar por ter en conta os límites do planeta, por reducir o consumo de enerxía e por definir unha política enerxética en base ás necesidades reais da sociedade e que poña fin á pobreza enerxética”, denuncia a eurodeputada.

O Documento publicado recolle relatorios do profesor de Economía Aplicada da USC e vicepresidente de Véspera de nada, Xoán Doldán; do investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro de Verdegaia, Miguel Pardellas; do enxeñeiro técnico de electricidade e encargado de monitorización das políticas de seguridade enerxética da UE no Observatori del Deute en la Globalització, o catalán Alfons Pérez; da doutora en Economía pola USC e profesora de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, Rosa Regueiro; da doutora en Economía e profesora da Universidade Carlos III de Madrid, premio Sabadell-Herrero á investigación económica, Natalia Fabra; e tamén de representantes das directivas de diferentes cooperativas enerxéticas, como Ana Marco e Daniel Espiñeira, de Son Enerxía; Pablo Álvarez de Nosa Enexía; e Santiago Ochoa de Eribe, de Goiener.

O libro “Presente e futuro enerxético de Galiza no contexto europeo” ven ademais a reforzar os instrumentos informativos que Lídia Senra puxo en marcha xa a mediados deste ano, cando publicou o primeiro número do boletín “A nosa voz en Europa”,a revista que con carácter periódico pretende que a poboación galega coñeza de forma directa o labor que está a realizar a parlamentaria nas institucións europeas para defender as loitas das galegas e galegos en todos os sectores.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies