AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra acolle positivamente o Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos e reclama na UE medidas para recuperar e normalizar o galego

13 Decembro, 2016 AGEe, dereitos lingüísticos, galego, GUE/NGL, Lidia Senra, lingua, Parlamento Europeo, Protocolo de Donostia
  • Denuncia no pleno do Parlamento Europeo que a Xunta e o Goberno estatal incumpren a Carta Europea de Linguas e atacan o idioma galego 
  • A eurodeputada de AGEe pide incrementar os orzamentos das políticas lingüísticas e tamén maior apoio á produción cultural na lingua propia

 

Estrasburgo,13 de decembro do 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra até o xoves en Estrasburgo, a posta en marcha de políticas lingüísticas que permitan a recuperación e a normalización do idioma galego.

Durante a quenda na Eurocámara de intervencións libres dun minuto sobre asuntos políticos importantes, Senra tomou a palabra para saudar o chamado Protocolo de Donostia, Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, e defendeu que as nacións sen Estado, como é o caso da Galiza, “precisamos de instrumentos para que os nosos Gobernos cumpran os compromisos e tamén os acordos internacionais para garantir os dereitos lingüísticos”. O Protocolo de Garantía dos Dereitos Linguísticos, ou Protocolo de Donostia, que será presentado este próximo sábado, 17 de decembro, en Donostia, é un documento elaborado a través dun proceso particiativo que contou coa aportación de axentes sociais de toda Europa que se ocupan da recuperación das linguas invisibilizadas, das línguas minorizadas e das línguas minoritarias. En definitiva das línguas en situación de desventaxa.

No pleno do Parlamento Europeo, a europarlamentaria galega referiuse aos dereitos lingüísticos como dereitos humanos tamén, e denunciou que son os propios gobernos da Galiza e do Estado español os que están a “atacar a nosa lingua”. Neste sentido, Lídia Senra criticou a aprobación por parte da Xunta de “decretos como o que reduce a presenza do galego no ensino e prohibe expresamente que se impartan en galego materias como as Matemáticas, a Tecnoloxía ou Física e Química”. A maiores, dixo, “a nova Lei de Educación do Estado español agrava aínda máis esta situación”. Por iso, acusou a ambas as institucións de estar a “vulnerar claramente, entre outros, o estipulado no artigo 8 de Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”.

“É preciso actuar, e xa, para garantir os dereitos lingüísticos. Queremos o recoñecemento da nosa lingua e poder expresarnos nela tamén neste Parlamento”, exclamou Lídia Senra, que tamén demandou “compromisos para incrementar os orzamentos das políticas lingüísticas así como o apoio á produción cultural na nosa lingua, á súa produción e á súa distribución”. “Son necesarias políticas lingüísticas que garantan a recuperación e normalización do galego en todos os ámbitos”, concluíu.

Segundo os datos do censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estatística (INE), debullados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as persoas que din falar sempre en galego caeron 13 puntos e xa non son maioría. No anterior estudo, o 57% da poboación tiña o galego como lingua de uso cotián e o 39% sinalaba que o empregaba ás veces e o 13% nunca. Unha década despois, os e as falantes habituais de galego pasan de achegarse ao 60% a non acadar nin o 45%.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies