O comisario de Agricultura da UE, Phil Hogan, estivo onte en Estrasburgo na reunión conxunta das Comisións de Agricultura, Medio Ambiente e Industria, para levar a cabo un intercambio de puntos de vista sobre a aplicación da estratexia forestal da Unión.
Isto foi o que lle dixo a eurodeputada galega Lídia Senra:
“Estamos de acordo co desenvolvemento da silvicultura sustentable, xa que é necesaria para manter a biodiviersidade, a vida silvestre e mesmo a auga doce. Pero non debe ser asentada a forestación das terras agrarias. Tampouco debe ser promovido o monocultivo de especies invasoras ou de crecemento rápido como pasa no meu país, a Galiza, e en Portugal, cos eucaliptos. Tampouco se deben usar masivamente os agrotóxicos e débense respectar as formas de propiedade comunal, como son os montes veciñais en man común na Galiza ou os baldíos en Portugal, un exemplo actual deste tipo de propiedades”.