AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a plantarse ante o recorte de bens públicos que suporá a chantaxe dos Fondos da UE

7 Outubro, 2016 AGEe, En Marea, Fondos Estruturais e de Investimento da UE, Lidia Senra, Luís Villares, Víctor Álvarez
  • A eurodeputada de AGEe esíxelle ao Goberno do Estado Español que clarifique os programas aos que afectaría a redución orzamentaria 
  • Xunto a Luís Villares e Víctor Álvarez, defende unha estratexia coordinada para facerlle fronte ás políticas neoliberais nas institucións

  20161007_130822

Lugo, 7 outubro 2016.  A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, ofreceu este venres unha rolda de prensa en Lugo, acompañada polo portavoz e deputado electo de En Marea no Parlamento Galego, Luís Villares, e polo membro de Lugonovo e do Grupo de Traballo da Montaña de AGEe Víctor Álvarez, para chamar a atención sobre diferentes asuntos que se están a debater e abordar na Unión Europea (UE) e que van afectar de forma directa a todas as galegas e galegos, especialmente ás clases populares e aos sectores produtivos. En concreto, puxeron a énfase no debate sobre a posible conxelación dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos para o Estado español por incumprimento do déficit marcado, o que podería supoñer a perda directa de até 1.300 millóns de euros, e as consecuencias que traería para Galiza directamente.

Lídia Senra afirmou que conxélense ou non os citados Fondos, as que sairán perdendo serán as clases populares. “Se se conxelan, afectará directamente a programas que son cruciais para o noso país, e se non se conxelan estes Fondos finalmente, será porque o Goberno do Estado español presentará antes do día 15 deste mes un programa de recortes tal e como lle esixe a UE, que suporá un axuste de orzamento de 15.000 millóns de euros até o 2018”, defendeu. “Isto parécenos unha chantaxe en toda regra, non ten outro nome, e ademais é unha medida totalmente arbitraria”, dixo, para explicar que, por exemplo, Francia ten incumprido varias veces o obxectivo de déficit, e tamén Alemaña, e nunca foron sancionadas. “Sen embargo, con Grecia si o fixeron e agora a UE vai a polo Estado español e portugués, o que non podemos consentir”, asegurou. “Ten que haber unha batalla importante na sociedade, temos que esixirlle ao Goberno do Estado español que explique claramente en que vai recortar para cumprir coa UE, son moitos cartos dos que estamos falando”, engadiu, para facer un chamamento a manter unha postura de contundente de oposición.

Neste sentido, Víctor Álvarez explicou que por exemplo, as axudas á incorporación de xente nova á agricultura están reguladas polos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos. “O Plan de Desenvolvemento Rural, de 800 millóns de euros actuais de orzamento, pódese ver afectado por esta conxelación ou polos recortes posteriores que decidan. Aí están programas como o Líder ou o Agader, o que para Galiza e para a provincia de Lugo é importantísimo. Estamos a falar de axudas directas ás agricultoras e agricultores e de pagos por hectárea que se poderían ver afectados”, alertou.

“É grave que se conxelen os Fondos, pero tamén é grave a contrapartida a que non conxelen os Fondos. Falamos de recortes de orzamentos que van afectar aos servizos públicos. Vaian polo camiño que vaian, a situación vai ser difícil. Requírese valentía por parte do Goberno do Estado e plantarlle cara ás políticas neoliberais, porque agora mesmo, dá a sensación de que non aprenderon absolutamente nada do Brexit”, dixo.

Lídia Senra tamén aproveitou a rolda de prensa para dar a coñecer que actualmente na Unión Europea se está a debater a coñecida como Proposta Ómnibus, proposta de regulamento de aplicación aos Orzamentos Xerais da Unión, que podería introducir modificacións en aspectos da PAC claves para Galiza “que  nos preocupan moito”. Preténdense modificar aspectos importantes da PAC e nós opoñémonos rotundamente a que o debate sexa na Comisión de Orzamentos. Calquera modificación da PAC ten que vir pola vía de abrir o debate na Comisión de Agricultura”, explicou. Neste sentido, a eurodeputada afirmou que a modificación que se está tratando inclúe un cambio na definición de activo na agricultura. “Determinarán quen vai recibir fondos da PAC e non é o mesmo que os fondos sexan para apoiar ás persoas activas na agricultura, que vaian para alguén que simplemente ten unha terra ou un monte pero non vive da actividade agraria”, dixo. A modificación tamén pretende traspasar diñeiro público a aseguradoras para “facer unha especie de seguros de renda que non van beneficiar ás labregas e labregos”. Por iso, chamou a reaccionar e a dar a coñecer esta cuestión entre as persoas afectadas.

“Aquí na Galiza, case o 75% dos ingresos que ten hoxe unha explotación de carne ou de leite proveñen dos fondos comunitarios. Polo tanto, a definición de produtor activo é moi importante para nós”, completou Víctor Álvarez, para deixar claro que todas estas reformas “que se están abordando aló tan lonxe, en Bruxelas, e das que a maioría da poboación non é consciente, son moi transcendentes para nós”.

Por todos estes motivos, este venres pola tarde, en Lugo, celebrarase unha reunión do Grupo de traballo da Montaña de AGEe, para trazar medidas a seguir tanto no Parlamento Europeo como no Galego na defensa do medio rural. “Para nós a montaña é vital, fronte á política do PP que a ten totalmente esquecida como vimos na última campaña electoral, na que non fixeron nin unha soa mención á problemática das zonas de montaña galegas”, denunciou.

Pola súa banda, o que será portavoz e presidente do Grupo Parlamentario en En Marea no Parlamento Galego, o deputado electo Luís Villares, advertiu de que a UE está avanzando cara á redución de dereitos de carácter social. “Temos que avanzar cara ao respectos dos dereitos sociais, non en clave neoliberal”, zanxou.

Fronte ás políticas neoliberais en Europa e no Estado español e en Galiza, Villares, asegurou que a partir do día 21, cando comezará o traballo no Pazo do Hórreo, un dos eixos fundamentais e inmediatos do seu labor serán as políticas para as zonas interiores galegas, realizando un “completo traballo coordinado para poder ser efectivos” nos diferentes niveis institucionais.

“Temos que ter capacidade para deseñar unha estratexia pública que dote de servizos básicos ao medio rural”, demandou, para denunciar a falta de medios actuais que hai para os sectores produtivos galegos. “Nos últimos anos pecháronse escolas unitarias, centros integrados, servizos sanitarios no rural, etc. De nada vale ofrecer unha esmola se non poñemos en marcha políticas de emprego activas para o medio rural”, dixo. Neste sentido, chamou a avanzar na comarcalización e a facer viable a prestación de servizos básicos en todo o país, e máxime nas gran esquecidas que son sempre as zonas rurais.

Lúis Villares tamén aproveitou para chamar a atención unha vez máis sobre o feito de que os recortes que agora nos veñen enriba estaban pendentes de que rematasen os ciclos electorais no Estado español e na Galiza para comezar a aplicarse. “Sabiámolo e así o denunciamos”, dixo, para recriminar que o desvío de déficit se usou para poder gañar as eleccións.

Na rolda de prensa, tanto Lídia Senra, como Villares como Álvarez abordaron tamén o tema da crise profunda do sector lácteo. A eurodeputada explicou que ela é unha das promotoras dunha Declaración escrita no Parlamento Europeo a favor da regulación pública da produción leiteira e Villares avogou por levar a cabo iniciativas que garantan uns prezos dignos e que nunca se pague por debaixo dos custos de produción ás labregas e labregos, porque iso é a “ruína do sector gandeiro”. “A partir do día 21, traballaremos no Parlamento Galego para que iso mude”, dixo, despois de acusar ao PP de incumprir todas as súas promesas nestes anos de aumento das rendas agrarias.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies