AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia diante da Comisión Europea as graves deficiencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

6 Outubro, 2015 austeridade, Comisión Europea, crise de dereitos, privatización da sanidade, recortes en dereitos sociais, sanidade, sanide pública e gratuíta

 

  • Intervención realizada en Sesión Plenaria do Parlamento Europeo na quenda de minuto de intervención libre, onte en Estrasburgo
  • Senra cualifica o Álvaro Cunqueiro de “exemplo de caos e precarización” provocado pola privatización da Sanidade

 Estrasburgo, 06 Outubro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou onte na súa intervención ao recentemente inaugurado centro hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo como “un claro exemplo do caos e a precarización que conleva a privatización da sanidade na Galiza”.

A eurodeputada de AGEe exemplificou a inoperancia na planificación da actividade deste hospital en relación aos recursos hospitalarios existentes na cidade olívica, subliñando que, lonxe de incrementar a capacidade de atención sanitaria, como contrapartida á apertura deste centro o Goberno de Núñez Feijoo reaccionou pechando tres hospitais, “o que supón que o número de camas sexa o mesmo e que as urxencias hospitalarias estean totalmente colapsadas”.

Asemade, ao fío das reivindicacións laborais levadas adiante por colectivos profesionais como o de enfermería e celadores/as, Senra destacou a privatización “total” dos servizos non sanitarios e de parte das funcións dos/as celadores/as, que ten como consecuencia “unha perda de calidade moi grande nos servizos e tamén a supresión dun grande número de postos de traballo”. Tamén deu a coñecer á Comisión a característica do polémico aparcadoiro privado, a través do cal “obrígase a tódalas usuarias e usuarios, e a unha parte do persoal, a pagar por estacionar os seus vehículos cando chegan ao hospital”.

A eurodeputada galega finalizou a súa intervención facendo “unha chamada” á Comisión Europea “para que poña fin ás políticas de austeridade”, instándoa a “deixar de poñer en perigo a saúde e a vida das persoas; porque a austeridade, mata.”

 

  Intervención en Sesión Plenaria:  https://www.youtube.com/watch?v=WwyPnqVo8k0&feature=youtu.be

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies