- Terá lugar no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, en Santiago de Compostela. Venres 30 de setembro, ás 19:00 horas
- Intervirán Bárbara Loureiro Borges, enxeñeira forestal no sector da produción do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil; e Lídia Senra, eurodeputada de AGEe e membro do GUE/NGL
Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -do que AGEe forma parte no Parlamento Europeo-, organizan en colaboración con Compostela Aberta e co Movimento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST) do Brasil, este venres, 30 de setembro, ás 19:00 horas, no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, unha charla coloquio baixo o título “A situación política no Brasil e o traballo do MST”.
Na charla, que será presentada por Suso Sanmartín, intervirán Bárbara Loureiro Borges, enxeñeira forestal no sector da produción do MST; e Lídia Senra, eurodeputada de AGEe e membro do GUE/NGL. O evento está organizado aproveitando que Bárbara Loureiro Borges estará na Galiza toda esta fin de semana. Desprázase desde o Brasil para participar, ademais de neste acto en Santiago o venres pola tarde, tamén o sábado en Ourense na xornada “Os incendios forestais na UE. O negocio do lume”. A representante do MST tamén manterá un encontro co Sindicato Labrego Galego (SLG) este venres pola mañá.