AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Ourense acolle este sábado unha xornada crítica internacional sobre os incendios forestais

27 Setembro, 2016
  • O seminario, organizado polo GUE/NGL e AGEe, en colaboración co Concello, é aberto ao público sen necesidade de inscrición previa
  • Participarán como ponentes bombeiras/os galegas/os e de diferentes partes do Estado, así como expertas/os de Grecia, Brasil ou Portugal

noticia-web_520x254_incendios

Santiago, 27 setembro 2016. “Os incendios forestais na Unión Europea. O negocio do lume” é o título da xornada que este próximo sábado, 1 de outubro, se desenvolverá durante todo o día no Auditorio Municipal de Ourense. O evento, organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), en colaboración co Concello, reunirá na cidade das Burgas a máis dunha decena de relatoras e relatores, que abordarán a lacra dos lumes forestais que sofre tanto Galiza como outras partes do Estado e do resto de Europa e do mundo, desde unha perspectiva crítica cos modelos de extinción e de prevención de lumes e coas políticas públicas e de empresas que entenden os incendios como que se foran un “negocio”.

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, será a anfitrioa e encargada da apertura desta xornada aberta ao público e para a que non é necesaria inscrición previa, na que tamén participarán a nivel político os deputados de En Marea no Parlamento Galego Antón Sánchez e Davide Rodríguez Estévez, ex alcalde de Manzaneda; así como María Conde, representante de Anova Ourense. Non obstante, o obxectivo da xornada é dar voz ás persoas que viven en primeira persoa a problemática dos incendios forestais. Así, a primeira mesa de debate xirará sobre “As causas do lume. Unha visión dende a perspectiva europea e internacional” e nela intervirán o traballador forestal da Consellería de Medio Rural da Xunta e membro do Consello Forestal de Galiza, Xosé Santos Otero; a enxeñeira forestal no sector da produción do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) do Brasil Bárbara Loureriro Borges; o economista e asesor de Unidade Popular no Parlamento Europeo, o grego Kostas Siampanopoulos; e o membro da Confederação Nacional de Agricultura portuguesa, Alfredo Campos.

A segunda mesa da xornada abordará “O modelo forestal. Como combater os lumes desde a xestión dos montes”, e nela tomarán a palabra o coordinador da área de montes do Sindicato Labrego Galego (SLG), Diego Sánchez Agra; o propio ex alcalde de Manzaneda; e o enxeñeiro de montes David Fernández Calviño.

Xa pola tarde, desenvolverase unha mesa sobre “Historia dunha profesión. O papel dos bombeiros forestais”, na que estarán Luís Chaín Galán, representante sindical da CGT en Toledo e membro da Asociación de Traballadores Brigadistas de Reforzo de Incendios Forestais; Clara Isabel Martínez Jimeno, bombeira e representante sindical do Sindicato Independente de Bombeiros Forestais en Cuenca; e Manuel Martínez Méndez “San”, bombeiro e representante sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Ourense.

rrss_diptico-a4_incendios2

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies