AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019 Areosa, Cerceda, compromiso por europa, En Marea, Lesta, Lidia Senra, lixo, Ordes, residuos, Sogama

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

  • Visitou o Banco Máis Fedento do Mundo, en Ordes, con vistas ao macrovertedoiro da Areosa, en Cerceda, onde Sogama enterra o 88% do lixo que recibe a diario dos concellos de todo o país
  • Comprométese a seguir traballando no Parlamento Europeo para denunciar a continua ameaza que supón para as augas que bebe a poboación de Santiago, xa que os vertidos do marcrovertedoiro van ao Lengüelle, afluente do río Tambre

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

VÍDEO DE COMO É O MACROVERTEDOIRO DE SOGAMA HOXE EN DÍA PINCHANDO AQUÍ 

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-Lidia-Senra-na-Areosa.mp4

Ordes, 14 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, visitou este martes pola mañá o Banco Máis Fedento do Mundo, acompañada por veciños e veciñas da comarca de Ordes e por membros dos diferentes colectivos organizados na contorna en defensa do medio ambiente e do rural vivo. Senra considera fundamental que todos os habitantes da Galiza visiten este lugar e se senten no banco uns minutos para ‘gozar’ do cheiro e da aberración ambiental que supón o macrovertedoiro que Sogama ten na Areosa, no concello de Cerceda, dos máis grandes de toda Europa.

A eurodeputada denunciou que Sogama só xestiona o 12% do lixo que lle chega procedente dos concellos de toda Galiza, xa que o 88% restante dos residuos son enterrados directamente no macrovertedoiro sen selección, danando augas, terras, vidas. “Urxe outro modelo alternativo a este no que Xunta e Naturgy van da man para beneficio empresarial. É indignante que na actual UE se permitan, coa connivencia das Administracións, situacións deste tipo. Denunciámolo en reiteradas ocasións durante este mandato no Parlamento Europeo e seguiremo a facelo”, defende a candidata ás eleccións europeas do 26 de maio.

Neste sentido, incidiu na urxencia de poñer en marcha un novo modelo de tratamento de residuos totalmente público, descentralizado en cada concello ou comarca, e baseado na redución, reciclaxe e reutilización, respectuoso ante todo co medio ambiente. Criticou que Galiza está moi lonxe dos obxectivos de reutilización e reciclaxe de residuos marcados pola UE, fixados en que todos os concellos dos Estados membros reciclen o 50% dos residuos no 2020, o 55% no 2025, o 60% no 2030 e o 65% no 2035.

Lidia Senra no Banco mais fedento do mundo II Lidia Senra diante do vertedoiro de sogama Lidia Senra co vertedoiro de Sogama detras Lidia Senra andando cara ao vertedoiro de Sogama

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies