AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

20 organizacións levan a defensa do patrimonio cultural e natural do monte galego ao Parlamento Europeo

6 Decembro, 2017 arqueoloxía, castros, eucaliptización, eucalipto, GUE/NGL, Lidia Senra, montes, patrimonio
  • Reivindican que a conservación dos bosques autóctonos vai aparellada á protección do patrimonio cultural e o recoñecemento da nosa historia
  • O 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural; Parlamento Europeo, Consello e Comisión enfatizan a responsabilidade de protexelo
IMG-20171206-WA0023
Bruxelas, 06 de Decembro de 2017. Grande parte do patrimonio cultural da Galiza está situado nos nosos montes, que ocupan máis de dous terzos do territorio. Estes espazos non só foron dende antigo fonte de subsistencia do pobo galego, senón tamén testemuñas excepcionais da nosa historia, acollendo milleiros de petróglifos, arredor de 5.000 castros e máis de 7.000 túmulos e megálitos funerarios. Sen embargo, debido ao desleixo da Xunta de Galicia e á súa connivencia cos intereses privados, na actualidade os montes galegos están sometidos ás directrices e regulacións impostas por un sector forestal orientado á produción de madeira barata, provocando unha destrución masiva de xacementos arqueolóxicos, destruíndo polo tanto tamén patrimonio cultural europeo.
Ao fío da conmemoración do ano 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural, co obxectivo de internacionalizar a través do  Parlamento Europeo (PE) a situación de risco na que se atopa o patrimonio galego, a eurodeputada galega Lídia Senra (Grupo da  Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea, GUE/NGL) convocou a 20 colectivos sociais que traballan neste ámbito para desenvolver durante o día de hoxe, mércores 6, e mañá, xoves 7, dúas xornadas de traballo baixo o título “Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización”.
“A través da decisión conxunta do Parlamento Europeo e do Consello de adicar todo o ano 2018 á posta en valor do patrimonio, subliñouse moi especialmente o seu valor social, destacando que é un ben común que é necesario coidar e transmitir ás futuras xeracións. É máis, a Comisión Europea distingue como unha responsabilidade común o coidado do patrimonio cultural europeo”, explicou Senra. “Neste contexto, queremos chamar a atención sobre o feito de que unha administración pública como é a Xunta de Galicia está a incumprir expresamente todo o recollido nesta decisión, e faremos todo o que estea nas nosas mans para levar adiante as iniciativas propostas dende as organizacións sociais para correxir esta situación”.
Voceiras destas 32 persoas desprazadas a Bruxelas trasladarán hoxe directamente ao ente comunitario a as súas análises e reivindicacións, a través dunha xuntanza esta tarde con eurodeputadas/os alemáns dos Verdes e do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) –actualmente o 23% da produción de ENCE está destinada ao mercado alemán-, e mañá con representantes da Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea.
Aliás, tamén mañá, de 17.00 a 19.00hrs., terá lugar unha xornada de debate e intercambio para a posta en común de análisis e solucións, ao redor de tres eixos temáticos principais: “A destrución do patrimonio galego por parte do sector industrial madeireiro”, “O desleixo da Xunta de Galiza co patrimonio cultural galego. A problemática dos incendios” e “Artellando solucións para protexer o patrimonio fronte á eucaliptización”.
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies