AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo analiza este mércores posibles irregularidades da praxis xudicial no Estado español en casos de violencia de xénero e abusos de menores

2 Maio, 2017 AGAMME, Comisión de Peticións, Estrela Gómez Viñas, Lidia Senra, machismo, Parlamento Europeo, SAP, violencia, xustiza
  • Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), intervirá como demandante ás 16:30h en Bruxelas (Sala ASP A3E-2), arroupada pola eurodeputada Lídia Senra 
  • A peticionaria reclamará que se corrixan as deficiencias do sistema xudicial e que se erradique o sesgo machista 

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tratará este mércores a situación de posibles irregularidades que se estarían cometendo na praxis xudicial no Estado español en casos referidos a violencia de xénero e abusos de menores. O organismo comunitario aceptou a trámite hai xusto un ano a petición promovida pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e o Grupo de Investigación Antígona, da Universidade de Barcelona, na que se queixaba da existencia no Estado español dunha praxis xudicial que non responde ao marco normativo establecido polo Parlamento Europeo en materia de protección de vítimas de violencia de xénero e vítimas menores de idade. Mañá mércores, ás 16:3o horas, está citada Estrela Gómez Viñas, en representación das peticionarias, para defender verbalmente a queixa contra o Estado español ante a Comisión de Peticións europea, en Bruxelas, na Sala ASP A3E-2.

Estrela Gómez Viñas, que é coordinadora de AGAMME, acudirá este mércores pola tarde á Comisión de Peticións arroupada pola eurodeputada galega Lídia Senra, que a acompañou en todo este proceso de demanda. Estrela Gómez aproveitará a súa intervención para denunciar que os principios básicos que enuncia a Directiva Europea 2011/92/UE relativa á loita contra os abusos sexuais e a explotación sexual dos menores e a pornografía infantil non foron traspostos axeitadamente á normativa española, o cal se traduce en que “a recollida da testemuña da vítima continúa caracterizándose pola súa opacidade, pola súa falta de adaptación ás características e necesidades da vítima, polo forte impacto que causa aos nenos e nenas e pola súa ineficiencia”.

Por iso, Estrela Gómez reclamaralle á Comisión  que inste ao Estado español a corrixir as deficiencias do sistema, en especial na atención a vítimas de abuso sexual no ámbito xudicial, facendo constar con claridade na normativa prazos de intervención, medidas para adaptar o procedemento ás necesidades de cada neno ou neno, perfís profesionais mínimos, características materiais e tecnolóxicas das salas de entrevista e das salas de espera.

Tamén reclamará que se tomen as medidas oportunas para que deixe de ser posible a aplicación da suposto síndrome de alienación parental, tanto como base para refutar a validez da testemuña do neno ou nena como para a adopción de medidas en vía civil.

Pedirá igualmente que se regule o acceso das vítimas a atención psicolóxica independentemente de que o proxenitor acusado dea ou non o seu consentimento; e que se avalíe o funcionamento e coordinación dos organismos implicados, pois non se trata de conseguir un logro formal, senón de promover un cambio profundo na maneira de entender a investigación e enxuizamento do abuso sexual.

A Comisión Europea, pola súa parte, xa adiantou que ven observando que poderiamos estar diante dunha posible aplicación indebida por parte do Estado español da Directiva Europea 2011/92/UE e que seguirá moi de preto a aplicación que o Estado fai da 2012/29/UE pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
WEB_protmenores

Lídia Senra critica a demora do Estado e insta a cumprir inmediatamente as Directivas de protección da infancia

28 Xaneiro, 2019
SOS PANADEIRA_PETI 220119_1

O PE pedirá ás autoridades galegas información relativa á usurpación de espazo público por parte do RCNSX

22 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies